Tivera eu
Tivera eu, amor, a túa voz docísima
para nomea-las cousas unha a unha
sen mancalas a penas.
Tivera eu, amor, as túas risas vibratis
para xogar cos seus axóuxeres
coma un neno atraxugado.
Tivera eu amor, o teu corpo de gacela
para bailarmos nas eiras
a rexa muiñeira dos antergos.
Tivérate eu, amor, toda enteira (¡en min!
para rodarmos abrazados
polos outeiros de Lóuzara Xabreira.
Fiz Vergara Vilariño
Fotografías de © Jeff Charbonneau + Eliza French
Comentarios