Unha parede anuncia outra parede
i a sombra sua protéxeme da miña medoñenta.
Ouh torre do meu amor arredor do meu amor.
Tódalas paredes desfiaban en branco arredor do meu silencio.
Ti, qué protexes ti? Ceo insensibel e puro
estremecéndote abrígasme. A luz en releve
sober do ceo que non é o espello do sol.
As estrelas do dia entre as follas verdes.
A lembranza de aqués que falaban sin saber,
donos da miña febleza, i eu estou no seu canto
con ollos de amor e máns fideles en demasía
A Giorgio Chirico
Paul Eluard
Fotografías de © Roque Soto
Comentarios