No colo do serán triste
invoquei a túa dor... Sentilo era
invoquei a túa dor... Sentilo era
Sentirche o corazón! Palideciches
ata a voz, as túas pálpebras de cera
Baixaron...e calache...Pareciche
oír pasar a morte...Eu que abrira
a túa ferida mordín nela -Sentíchesme?-
Como no ouro dun favo mordera!
E espremín máis, traidora, docemente
teu corazón ferido mortalmente;
pola cruel daga rara e exquisita
dun mal sen nome, Ata sangralo en choro!
e as mil bocas da miña sede maldita
tendín a esa fonte aberta no teu pesar
Por que fun o teu vampiro de amargura?
Son flor ou estirpe dunha especie escura
que come chagas e que bebe o choro?
Delmira Agustini
Fotografía de Roque Soto
Comentarios