Art déco a ritmo de jazz
jazz
substantivo masculino
Xénero musical de orixe afroamericana, creado nos Estados Unidos a principios do século XX, caracterizado principalmente pola improvisación e polo poder e a variedade do ritmo, que se toca en grupos nos que interveñen a batería, o saxo, a trompeta, o contrabaixo etc.
O jazz chegou á arte co século XX desde os lugares reservados a unha poboación marxinada en Estados Unidos que, a distancia, a escravitude e o desprezo, non deixou de lado algunhas dos seus costumes ancestrais do continente africano, entre elas unha música sobre a que se asentaron as bases do jazz. Na actualidade quedan lonxe aqueles sons de carácter ritual ou orientados ao entretemento que conformaron un xénero musical hoxe clásico, universal, vivo e con continuidade indefinida.
Pola súa banda, aínda en contraposición a pesar de convivir co jazz durante unha etapa do século XX, o art déco, queda lonxe no tempo e coma unha postal amable dunha etapa que forma parte dunha historia cada vez máis lonxana, aínda que os edificios, pinturas, películas de cine, interiorismo, roupa e xoias, entre outros obxectos, recuperen o esplendor perdido é ocupen o tempo de gloria que lles corresponde.
Imaxes recollidas da exposición: A ritmo de jazz. Art Decó en la Colección de ABC. Colectiva. Museo ABC. Madrid. C/ Amaniel, 29-31. Estivo aberta ata primeiros de marzo.

art déco
O Art Déco foi un estilo amplo e heteroxéneo que abarcou todas as disciplinas artísticas. Segundo a definición achegada polo Cambrigde Dictionary en liña, o art déco é un estilo de decoración que foi especialmente popular nos anos 30 onde se utilizaban formas e liñas simples e cores fortes. En realidade o art déco foi un movemento amplo que chegou a todas as disciplinas artísticas deixando marabillosos exemplos de arquitectura, interiorismo, mobiliario, xoias, pintura e artes gráficas, encadernación, moda , vidro, cerámica…

Comentarios