Rúa vella

Volvín á vella rúa, despois dunha longa ausencia, para asistir a un funeral. Non quedaba ningunha pegada digna de mención da súa imaxe dourada. A ambos os dous lados construíranse bloques, onde antes estaban as casas, e estaba chea de coches, po e turbulentas ondas de xente. Recordei con orgullo a súa bonita aparencia e o seu olor a xasmín. E tamén recordei á fermosa rapaza que se asomaba á ventá, mostrando a súa beleza aos que pasaban. Onde se atopará a súa feliz tumba na cidade dos mortos?


Pasaxes dunha vida
Naguib Mahfuz

Imaxe de  © Roque Soto
Pintura de © Bo Hilton




Comentarios

Publicacións populares