1/11/81

                                        Seattle,  Wa.

atopeime coa dobre da Estrela
ao abrirse cara aos lados a porta do ascensor
e eu saía
e ela entraba
ás catro da madrugada
e vina que estaba absolutamente pirada
pregunteille que tomara
dixo 6 Valium e viño branco
porque hoxe era o último día de rodaxe
e pareceulle que había que celebralo
fodendo con algún tío do equipo
e colocándose
porque este era o seu pobo
e ela ía quedar
mentres nós iámonos
e a tortura de non ser máis que unha dobre
deixada atrás
nun pobo no que lle doía haber nacido
estaba á esnaquizar agora
de verdade
e iso fixo que volvese avergoñarme
de traballar como actor nunha película
e provocar ilusións tan estúpidas
de modo que ma levei á miña habitación
sen plans respecto do seu corpo
e ela sentiuse desesperadamente decepcionada
tentou arroxarse pola xanela
e díxenlle que non valía a pena
non é máis que unha película estúpida
non tan estúpida, dixo ela, como a vida


Sam Sephard

Fotograma do filme Resurrection (1981), de Daniel Petrie

Comentarios

Publicacións populares