MEDRO NA MIÑA LOITA
Eu, Calibán
Calibán tempestiva son
unha nova criatura
Calibán de seos e vaxina
caníbal dos teus beizos
que trago esa boca
no medio deste vaivén
vómito en bágoas o desexo de emancipación
medro na miña loita
loito contra Próspero
na vontade de ser libre
de liberar aos meus devanceiros afogados estatuas de sal debaixo do mar
homes e mulleres mandíbulas
quen abriu os seus dentes para engulir as vísceras do esclavizador
e ti fuches amo
eu son a túa ama hoxe
domino a túa pel branca que che obsesiona domino esa derme co meu sexo
son Mayoral
son azoute, mestura, carimbo
e que son
babalao son
sacerdotisa nunha illa sen naufraxios sen náufragos
lograrei a vinganza
ao alcanzar o orgasmo
observando o meu triunfo
gozándome a túa destrución
prosperar no medio destes ventos engulir esta tempestade para liberar aos meus
son Calibán
Calibana
Canibalia
caribeña
o teu corazón xace cru entre os meus cabeiros
xa baixa en carne viva pola miña gorxa
Yolanda Arroyo Pizarro
As fotografías corresponden as capas do libros da autora portorriqueña: Las negras, Caparazones e Avalancha





Comentarios