Deixando o Alto Courel

Deixando o Alto Courel, pechado por tres montes, xusto onde deixa de verse o castelo o camiño debroca para o río e cruza unha ponte.


Alí, pé de cada monte, o lobo, recén volto, o corzo, con dúas gallas, e o xabariño, cos seus respectivo fatos apatacuñados tras deles cubrindo todo o monte ata o cimo.


Indo Ilda no mesmo medio da ponte, todos a unha ceibaron un demorado laio prolongado por tódolos tesos como unha total despedida da mai serra.




Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín
Uxío Novoneyra (1930-1999)

Fotografía do Caurel en 1985, © Sam Rock




Comentarios

Publicacións populares