Malenconía

A tarde ven, toda malenconía,
a luz esvaise por ár diáfano,
olro divino as ponlas tecen
do piñeiral lonxano.

Miña alma, ou como ela é triste,
sintindo a vida latexar en sí,
querendo ser con plenitú de esencia
nun eterno vivir!
E vagamente espertan os desexos
de loitar cal os héroes que foron.
Emerxen do meu peito apaixonado
os enxamios dos soños.
Vaise xa pór o sol, silencio mudo.
Noite benta, tí sexas pra vencer!
O vento canta o trunfo perdurante.
Ou trunfo, ¡tamén te eu cantarei?


Xoán Vicente Viqueira

Debuxos de Máximo Ramos

Comentarios

Publicacións populares