Goréntame

Goréntame, muller, a túa compaña
porque te-lo arrecendo das cereixas,
dos membrillos maduros, das carqueixas
florecidas nos cumes das montaña.
Goréntame, muller, a túa fazaña
porque ambos compartímo-las cereixas.
os salaios doridos, mesmo as queixas
xurdidos berro a berro dende a entraña.
Goréntame falarche manseliño
pondo en cada parola sal e lume,
sen advertir quen vai polo camiño.
Gorentáme tirar forzas do estrume
e correr á soidade do teu niño
pra zuga-la existencia zume a zume.


Nos eidos da bremanza
Fiz Vergara Vilariño


Comentarios

Publicacións populares