No asfalto

No teu degaro das estrelas
murchuose o ar
e quedaches ingrávido de chuvias.
¿Escóita-las ondaxes
do teu vello recife
e aquela orografía
de témpanos
de incendios?
Os teus sucos máis fondos
levounos o trebón.
Hai unha núa luz
agachada no brado desas ondas
calibrando o milagre
de existires.
¿É túa esa verdade
que esmorece no asfalto?
O teu tremar de cores
inzou por entre lampos
de queimantes auroras
e chegaches aí,
biforme,
acartonado,
baixo a péndola fía do non ser.
Por amáre-la senda.
intensamente,
nunca pudeches namora-las albas
e agora estás aí.
Inconsolable.
¿Pervivirás tan só nos meus relembros?


Rol de cantárida
Eduardo González Ananín


Comentarios

Publicacións populares