Alalá do Cebreiro

Brua o vento, vento frío...a rachas. O alalá vai e ven, achégase...fuxe súpeto...De cando en vez as raiolas da lúa deixan ver as paredes do vello mosteiro. Vese por unha vella fenestra, escintilante, a lámpara do Santísimo.

Cada vez que o alalá achégase máis, é cando está perto, un claror de luz de cera ilumina mainamente a parte baixa da parede. Non verás á Santa Compaña...non; mais verás a súa soma, lixeira, fría coma de fume. E pasará...súpeta.


Decorado de Camilo Díaz Baliño

Dentro da máis pura tradición romántica, Camilo Díaz realiza este novo bosquexo no que aflora un espírito profundamente relixioso e sentimental. A ábsida románica do mosteiro de Cebreiro ilumínase á luz da lúa. Por diante, apenas visibles, camiñan as sombras da Santa Compaña en procesión coa Cruz. A nota de modernidade, dentro do realismo imperante, pona o ciprés -moi  cezanniano- próximo da ábsida.


Material literario e gráfico recollido de: Camilio Díaz Baliño y la Coral de Ruada, María Victoria Carballo-Calero Ramos. Arte y Ciudad en Galicia, siglo XX. Fundación Caixagalicia. 1992



Comentarios

Publicacións populares