Capas
Alberto Cereijo (A Coruña, 1967) curtiuse na música desde moi novo, en especial co grupo ourensán Los Suaves, aínda que cando entrou en dita banda xa gravara o seu primeiro disco no que demostraba o dominio da guitarra eléctrica da que é un virtuoso de recoñecido prestixio dentro do ámbito do rock duro. A evolución do primeiro traballo en solitario ao titulado Evasión (Locomotiva Music, 2001) constátase na soltura ao instrumento tanto na acústica como na eléctrica, así como na versatilidade á hora de compoñer por parte de Alberto, quen se rodeou dun elenco de músicos próximos á súa militancia roqueira cos que se desenvolve sen rixideces e brillantez instrumental, deixando que os demais instrumentistas contribúan co seu gran de area ao nutrido repertorio do disco, case unha hora de música emparentada coa creatividade dos grandes da guitarra eléctrica, dos que, sen dúbida, forma parte Alberto. Nos instrumentais, como nas pezas cantadas, pódese comprobar o atractivo dunha guitarra, ás veces melódica, outras desbocada, pero nunca aburrida. Confírmano “Diario de un camino”, “Esperando”, “Maddenin' Moon”, “Lejos de ti”, “Nada que perder” ou “Evasión”.
Composicións: Diario de un camino. M.M. Innocents. Esperando. Tierras de Elda. Maddenin’ Moon. Nada que perder. Hell’s Baker. Winter Groove. Lejos de ti. No me molestes. Si todos callan. El color de mis sueños. Evasion. External Faith.
Músicos: Alberto Cereijo (guitarras eléctrica e acústica e baixo), David Cid (baixo), Alex Morell(baixo), Carlos Charly Dominguez (baixo), Fernando Calvo (guitarra intro solo en Nada que perder) e Tino Mojón (batería).
Máis portadas: Work Out (1990).
Apunte: Alberto Cereijo formou a banda ECO, que ten un disco: Réplica, editado en 2007.
Comentarios