Noite de choiva

  Chove... Espera, non te durmas,
Estate atento ao que di o vento
E ao que di a auga que bate
Cos seus dedos miúdos nos vidros.

Todo o meu corazón vólvese oídos
Para escoitar á enfeitizada irmá,
Que durmiu no ceo,
Que viu ao sol de preto,
E baixa agora elástica e leda
Da man do vento,
Igual que unha viaxeira
Que toma dun país de marabilla.

Como estará de alegre o trigo ondeante!
Con que  avidez se esponxará a herba!
Cantos diamantes colgarán agora
Da ramaxe profunda dos piñeiros!


Espera, non te durmas. Escoitemos
O ritmo da choiva.
Apoia entre os meus seos
A túa fronte silandeira.
Eu sentirei o latexar das túas dúas tempas
Palpitantes e mornas,
Coma se fosen dous martelos vivos
Que golpeasen a miña carne.

Espera, non te durmas. Esta noite
Somos os dous un mundo
Illados polo vento e pola choiva
Entre a conca morna dunha alcoba.

Espera, non te durmas. Esta noite
Somos seica a raíz suprema
De onde debe xerminar mañá
O tronco belo dunha raza nova.


Juana Ibarbourou


Fotografías de © Roque Soto Soto 

Comentarios

Publicacións populares