A idade do ano

E no campo, onde estabamos, había silencio. Máis que agora en calquera sitio. Non tiñamos coches nin camións nin autoestradas. Moi de cando en vez oíase pasar un tren e unha interrompía o que estivese facendo e escoitaba porque significaba un cambio. Sempre deixaba un resaibo triste, o tren, pero era unha tristeza cotiá. Polo menos así mo parecía a min. Facía pensar nas cousas que unha coñecía. A maior parte do día había silencio, salvo os ruídos que faciamos nós ao mergullarnos na auga, ao choupar. Acórdome de permanecer deitada sobre unha pena durante horas baixo unha árbore que se abaneaba, só un pouquiño, ao compás da brisa. Podiamos seguir así durante anos e anos, e se non o fixemos foi pola miña culpa. Aquel foi o meu gran erro, pero, que sabía eu?


A calquera outro lugar
Mona Simpson (Green Bay, Wisconsin, 1957)



Fotografías de © Sam Rock



Comentarios

Publicacións populares