A seca

O sol chegaba todas as mañás coa mesma forza. Semellaba un volcán revirado; un burato no ceo polo que baixaba, día tras días, aquel bafo adoecido.
Había tres meses que non chovía. Secaran os regueiros e algunhas fontes; o río nunca tan pouca auga levara. Langreaba o gando na corte e fóra dela; todo estaba chamuscado, sen miga verde por ningures: As pitas esgarabellaban en valuto na morriñada enxoita. Agoniaban os cans, amostrando a lingua con desepero. A terra erguíase e voaba coma foula; perdera o derradeiro folgo de lentura. Todo estaba ausente: as nubes, alegría vento. Todo estaba morto. Mortas as fontenlas, os paxaros, as herbas. A lapra do sol queimara canto había, e a face do mundo volveuse amarela.


Xente no rodicio

Xosé Neira Vilas


A serra. Fotografía de © Sam Rock




Comentarios

Publicacións populares