Capas

Legendary Masters Series (UA) 1972
Eddie Cochran
Portada: deseño Bob Cato

Eddie Cochran (1938-1960) é unha das figuras clave do rock and roll cuxa morte prematura nun accidente de tráfico deixou aberta a interrogante de como sería a súa madureza artística tras o seu tremendo éxito durante a segunda metade dos cincuenta. Quizais para desvelar a incógnita axuden os dous elepés de Legendary Masters Series que constitúen interesantes documentos sonoros para apreciar por onde se movía Cochran, quen axiña conquistou o público adolescente, como outros roqueiros, con cancións que levan o selo indiscutible de Eddie, entre as máis coñecidas, "Summertime Blues", "C' mon Everybody", "Let's Togheter" o "Somheting Else". Pero a potencia en voz e en solos de guitarras eléctricas tamén aparecen cando Cochran se dedica a revisar cancións doutros que soaban alá pola segunda metade dos cincuenta, léase "Jeanie, Jeanie, Jeanie", "Blue Suede Shoes", "Nervous Breakdown" ou "Long Tall Sally", onde queda demostrado que Eddie era máis que un loiro ben parecido, pois con vinte anos xa estaba bastante curtido nos estudios de gravación. Neles deixou tamén a pegada de baladas como "Three Stars", en recordo de Holly, Valens e Booper, entre outras que se poden escoitar no sen dúbida mellor recompilatorio do cantante e guitarrista, quen se moveu bastante no ambiente country, estilo ao que se afiliaron máis adiante moitos roqueiros xa en plena madureza, do que hai unha boa representación en "Pretty Little Devil". Incluso hai un instrumental "Eddie Blue's", un blues con raíces "Milk Cow Blues", o mesmo que gravou nas súas primeiras sesións Elvis, e un canto tradicional: "Cotton Picker", polo tanto, queda demostrado que Cochran non é un autor dun par de éxitos e nada máis.



Cancións:

LP 1. Skinny Jim. Let's Get Together. Eddie's Blues. Little Lou. Pink Pegged Slacks. Jeanie Jeanie Jeanie. Something Else. Pretty Little Devil. Who Can I Count On. Thinkin' About You. Opportunity. Latch On. I'm Ready. Three Stars. Cotton Picker. 


LP. 2 Summertime Blues. Cut Across Shorty. Milk Cow Blues. My Way. Blue Suede Shoes. Nervous Breakdown. C'mon Everybody . Sittin' in the Balcony. Twenty Flight Rock. Teenage Cutie. Hallelujah, I Love Her So. Fourth Man Theme. Weekend. Boll Weevil. Long Tall Sally.


Músicos:

Eddie Cochran (guitarra eléctrica, guitarra acústica, ukelele, baixo, piano, batería, percusión  e voz), Jerry Capehart (slapping box, pandeireta e palmas), Hank Cochran (guitarra) Connie Guybo Smith (baixo), Jesse Salles (batería), Earl Palmer (baixo), Ray Johnson (piano), Irving Asby (guitarra), Ray Stanley (piano), Jewel Grant (saxo), Plas Johnson (saxo), Jackie Kelso (saxo), Larry D'Agostini (guitarra), Gene Riggio (batería), Dic D'Agostini (piano e guitarra), Paul Coffman (saxo), Jim Stiver (piano), Mike Hendersopn (saxo) y Mike Deasy (saxo). Faltan os nomes de algúns músicos e cantantes de coros que colaboraron con Cochran en varias  cancións recollidas no disco doble de United Artists Records.


Máis portadas:  


 Singin’ To My Baby (1957), C' mon Everybody (1959), 12 Of His Biggest Hist. (1960), L.A. Sessions (2003) e The Year 1957 (2018). 

















Comentarios

Publicacións populares