Ese alguén de meu que nunca volve
á auga da infancia
sin saber saír do laberinto.
Ese que é outro home que eu levo
derrubado sobre min
ou como a hedra 90 carballos abraza.
En balde lle digo que hoxe recollen
as coloradas mazáns
e que hai que buscar as que caen entre a herba.
Veradeiramente é como levar un morto
nada apetece e de nada se lembra
preguizoso sombrío. A seu carón vivo
e o eu que canta e volve
mira de esguello pra ónde xaz
e olla cómo podrecen nel os soños e os anceios
a mocedade que foi e as sorrisas das mulleres
todo o que foi amado e recibido
todo o que foi e nunca máis será.
Pro o eu que vive e anda
resiste e non esquece ren,
despedíndose farto da vida
cando a vida de meu e máila súa acaben.
Pro eu resucitarei que soio volven
os que recordan, compañeiros.
Herba aquí e acolá
Álvaro Cunqueiro
Comentarios