Pintores de almas: Imeldo Corral


Doulle vida á solitaria corredoira
e os follosos castiñeiros da Barreira; 
doulle luz á cararidade tembradoira da ladeira.
E da cume espigochada
da Pena dos Lagartos, alta e recha, 
fixo a imaxe enmedoñada
que se envolve en neboeiros, asustada,
cando ven a noite pecha...


Seus paisaxes teñen vida e teñen alma.
Vive neles a poesía do asosego,
toda paz e toda calma...
Trunfa neles a verdade do chau galego.
Sol de outono,
sol tristeiro e sin ledicia
cobre as veigas dunhas brétemas de sono
e enche os campos dos colores de tiricia
que se espallan brincadeiros
e se ecorren esvaídos e esmayados
polos verdes comareiros
e os valados.
Van augas dos regueiros
saltarís e cantareiros
a méterense nas canles dos muíños,
pra dar voltas os rodicios desdentados
e enterrárense nos prados
mimosiños.
As choviscas xiniqueiras
foron pondo os castalañes molladiños,
e engarraron as pingotas nas silveiras,
e trocaron en lameiras
os camiños...


Tan artística visión da nosa terra
ten ganada unha loubanza agarimosa
dos que saben que no arte é onde se encerra
toda groria luminosa
destes novos loitadores
que en patreótica cruzada,
con amor de namorados,
poñen a alma nos paisaxes tentadores
desta terra enfeitizada
que nos ten da decotío engaiolados
co primor dos seus primores.



Eladio Rodríguez González

Pinturas de Imeldo Corral


Comentarios

Publicacións populares