Saudade

O viaxeiro séntase nunha lousa e rebusca con moito aquel o seu xantar sobrio de celta: Un codelo de centeo, chourizos do cocido e viño. E mentras xanta, ten tempo de tornar os ollos da paisaxe sensibre á paisaxe espritoal, catando un instantiño o pradiso que fuxíu, espranzas que non se cumpriron coma en toda vida humá. Posibilidades que non tiveron xeito de se realizar, que soio viñeron pra deixar un ronsel tristeiro no corazón.

Bon. O corazòn que cargue coa súa cárrega. É o seu traballo. Uns veñen deica a sombra. Outros virán cara a luz. Sobos dos penedos, o sol sae todos os días.



Primaveira no Lor
Eduardo Moreiras (1914-1991)

Fotografías de © Pablo Vidal (color) e © Antonio Vidal (B/N)

Comentarios

Publicacións populares