Un adolescente aburrido
é, certamente, unha paisaxe
moi triste
e aínda máis
sabendo que hai mulleres
que dormen
coa boca aberta
e ducias de parellas
que se fan o amor
en chinés, francés, árabe
ou no idioma
dos golfiños.
Por iso hai tantas butacas
nos cinemas
e tantas camas nas casas.
E é que a intelixencia
é erótica
e a arte perfecta
Fotogramas do filme Ectasy (1933), dirixido por Gustav Machatý
Comentarios