Aromas de roseira
Aromas de roseira na sombra onde repouso a tarde
que ateiguei de camiños. Lonxínquo céu vermello
sobre a chaira sen nuvens. O solpor é unha foula
de luz lentamente ferida nos ollos pensativos.
Vivo neste país de vellas harmonias e soños.
As veces a dor é o instante fermoso dunha lágrima pura.
Este perfume entra no corazón antigo e vibra o mundo
interior da lembranza, unha presenza, un verso
que destila o poema. Ah meu amor, contemplo
o fugaz voo da tua sombra.

Livro das paisaxes vivas
Miguel Anxo Fernán-Vello
Preludio de inverno. Fotografía de © Emilio Blanco "Milucho"
Comentarios