Canción das cousas simples

Un despídese insensiblemente de pequenas cousas
O mesmo que unha árbore
que en tempo de outono queda sen follas
Ao fin a tristeza é a morte lenta das simples cousas
Esas cousas simples que quedan doendo no corazón

Un volve sempre
Aos vellos sitios onde amou a vida
E entón comprende
Como están de ausentes as cousas queridas
Por iso raparigo non partas agora soñando o regreso
Que o amor é simple
E ás cousas simples devóraas o tempo

Demórate aquí, na luz maior deste mediodía
Onde atoparás co pan ao sol a mesa tendida
Por iso raparigo non partas
Agora soñando o regreso
Que o amor é simple
E ás cousas simples devóraas o tempo



Armando Tejada Gómez-César Isella


Fotogramas de Message from the King (2016), dirixida por Fabrice du Welz






Comentarios

Publicacións populares