Irei como un romeiro

Irei como un romeiro á festa da Ermida
polos vellos camiños do tempo
co verde arrecendo dos viñedos
e o cantar dunha alborada de paxariños
...E verei ás xigantes pampónigas bailar
e ó gracioso do Meco brincar e berrar
...Á festa da Ermida, como sempre, este ano irei
por camiños do pasado que veñen e ven
por a fonte do Cantelo ou por o camiño do Regueiral...







Poema de Hilario González Fernández



Comentarios

Publicacións populares