TRISTE, SOLITARIO...
Apertados xunto a outros da súa condición estaban varios libros na zona de saldos dun gran almacén. O seu aspecto era saudable, novos e brillantes portadas, ademais tiñan nomes de autores realmente interesantes. Un deles chamoume a atención. Ché!, un vello coñecido para min, Osvaldo Soriano (1943-1997), de quen xa gozara coas súas simpáticas ocorrencias en Triste, solitario y final, que me fixo collerlle máis agarimo ao fraco (un alias moi utilizado polos arxentinos), si a Stan Laurel, pero sen esquecerme de Oliver Hardy.
Noutra dirección, pero coa convicción de entreter, máis que formar, Soriano tamén escribiu doutros ámbitos, como, por exemplo Una sombra ya pronto serás. Do título non hai nada que dicir, os que aprecien o tango xa saben de que vai.
En canto ao argumento deste libro recuperado por min dun fondo de oportunidades, semella a esas películas que os norteamericanos chaman road- movies, se non me equivoco, pero co fondo dunha Arxentina en plena decadencia, onde como na vella canción -Caminito- composta por Gabino Peñaloza, e cantada, entre outros, polo Morocho, o protagonista está a piques de caer como ese camiño cuberto de cardos que a man do tempo a súa pegada borrou.
Esa sombra é un enxeñeiro informático que protagoniza unha viaxe a ningures, percorrido dun solitario coa única unión á vida mediante as cartas enviadas a filla instalada en España. Pero os verdadeiros personaxes, como en determinados filmes, son xentes afastadas da realidade pero cercanas a tolemia dos que non atopan o camiño de regreso, pois como no vello tango, eles tamén están a piques de converterse en sombras.
Una sombra ya pronto serás é o título da película arxentina estreada en 1994 dirigida e dirixida por Héctor Olive. O guión da mesma correspondeu a o propio director en colaboración con Osvaldo Soriano.

Comentarios