Se morro en Juárez
Os violíns na nosa casa están baleiros
de sons, cordas quedas, dedos
ausentes. Este en particular pode poñer a unha muller
de xeonllos, só para escoitalo unha vez máis,
a súa voz espesa como un callo
saíndo do estómago de madeira. As cordas destoutro
están crebadas. E outro, aberto, ofrece a boca.
Quero bicalos,
o bico que non me deron quéimame,
quero destruír seus pescozos fráxiles na casca da miña palma,
meus dedos deslizándose na ponte, pulsando
corda tras corda,
esta protesta silenciosa-:
miña lingua remando entre os trastes,
das nosas gorxas
elevadas polo silencio
da custodia.

Fotografías © Milenio e Ser/Axencias
Comentarios