RÍO SOLDÓN

Vilas literarias: Quiroga

Río Soldón

Manuel R. Crespo

Dous debuxos a lapis do río Soldón. O primeiro preto da desembocadura, o segundo  varios kilómetros máis arriba, preto de Rugando. As fotografías, a partir das que fixen os debuxos, foron tomadas cando aínda era relativamente doado andar río arriba. Os pescadores eran os que facían camiño ao andar e hoxe xa quedan poucos. 
Eu son un home de río. Marchei para o mar de Vigo pero, como as troitas e os salmóns, tendemos a regresar aos ríos da nosa infancia, e debuxalos é unha maneira de facelo. 

Comentarios

Publicacións populares