Paisaxe túa
Son unha ponla túa mesmamente
xesta amantiña no serán do peito
regueiro novo onde os peixes cantan
chuvia da túa man amorosiña
Maino ventiño maino pola herba
da túa claridade de paxaros
Somentes neste aire nesta música
vivirei toda espida coma un arbre
O paxaro na boca (1952)
Luz Pozo Garza
Fotografías da serie Fallen, de © Kimbra Audrey
Comentarios