Letras Galegas 2018


Asisaron

-Non é tan fácil ser grande
-saloucou Correcamiños.
-A vida fóra da casa
está chea de perigos
-dixo con xesto moi triste
o seu compañeiro Nico.
E ambos os dous acordaron,
co bo caletre e sentido,
afastarse daquel fato
de cans ousados e altivos.
-¿Queres ír a vila grande
-preguntou Correcamiños-,
onde hai fartura de pan
que bota a xente entre o lixo?
-Mellor quería ir á casa
-respondeu sensato Nico-,
onde amais de pan teremos
bo compango e agarimo.
Mais, por ver algo de mundo,
quedarei uns días contigo.


Encamiñáronse á vila
os dous cans moi divertidos,
movendo o rabo e falando
de cadelas e amoríos.
¡Que ganas de ser más grandes
para non ter xa moti vo
de mirar con tanto medo
aos cans fortes e atrevidos!
E así chegaron á praza 
nun día de gran bulicio
porque era feira e a xente
buscaba o mellor avío
para vender unha ovella
ou mercar uns bacoriños.
Foron cheirando entre os postos
ata que á fin dediciron
buscar unha sombra fresca
e acomodarse ao abrigo
do toldo dunha paisana 
que adestraba paxariños.



Comentarios

Publicacións populares