Personaxes secundarios

Con todo, houbo un fin de semana marabilloso no que escapamos de todo. O mes de setembro xa estaba a tocar ao seu fin. No azul do ceo apreciábase aquela patina dourada, finísima e brillante, que chega cos primeiros fríos do outono. Conduciamos ata o norte do estado con Lucien e Cessa, rumbo á súa casa de Cherry Valley. Durante semanas non vira máis que o interior cheo de fume de habitacións e bares. Parecíame vivir nun tempo nocturno envolto na brétema gris das melancólicas resacas de Jack. Recordo que miraba marabillada as árbores congregadas ao longo da estrada, tantos e de cores tan distintas; as súas follas xa comezaban a virar a infinitos vermellos, laranxas e amarelos.

Lucien ía ao volante coas mangas arremangadas, cos brazos delgados e louros ao aire, e aquel día tiña un aire anenado, que delataba a súa beleza, fatal e  pillabana. Conducía con carraxe deliberada, saltándose, traveso, todos os límites de velocidade, librándonos con nerviosa precisión de varios encontróns coa morte. No asento de atrás, Cessa estaba furiosa, agarrando con forza aos nenos. Só Jack permanecía impasible.  Lucien o audaz nunca tería un accidente, asegurábanos a Cessa e a min. Na radio soaba "A Foggy Day in London Town", e Jack empezou a canturrear arrastrando as sílabas nas notas máis longas, ao estilo de Charlie Parker. En  Rensselaer County un locutor interrompeu a canción para anunciar que os rusos lanzaran con éxito o Sputnik. Lucien murmurou entre dentes "Estes bastardos fillos de puta gañáronnos, Jack". "Á fin e ao cabo, todo é vaidade", respondeu el, "unha pinga na eternidade do océano"


Joyce Johnson


















Fotografías: www.thedailybeast.com e vintage postcard


Comentarios

Publicacións populares