Rapariga en Seaport Village
Eu bebía sambuca no peirao de San Diego
cando a moza negra entrou nos meus ollos
Café e sambuca brindeille (sen darme conta?)
Ela aceptou
Café e sambuca a rapariga negra:
a lingua doce da rapariga negra fronte ao mar
Eran as oito da
noite e o sol aínda non se afundía:
eu afundinme na rapariga e no inferno
Na pequena praza a ninfa branca da fonte
unha montaña
Un barco
un veleiro amarelo:
Seaport Village reuniu todo o azul do mar
e púxoo a secar
No Oriente ardía a Lúa chea e no Poñente o Sol:
equilibrio perfecto:
o desequilibrado era o meu corazón
Tiña un vestido branco cinguindolle a pel
como outra pel sobre a negra pel
que lle cinguía a alma
Eu medín palmos de alma na súa cadeira
e percorrín coa miña lingua máis doce a súa liña ecuatorial
Negra de beleza brutal e espesos ollos abismais
Que prodixio aquel Deus amasando esas nádegas
con tan humana inspiración
Divino pan
Todo para as mans do mexicano anónimo
cocido con fariña africana e americano sol
tocado polo sal polo mal
ferido pola lanza pánica do amor ocasional
Non era posible máis negrura
mais os seus areolas foron aínda máis negras
e a negrura reconcentrouse
na carbonizada mamila
altiva
rabiosamenta viva
coroando a máis humana flor
O seu bosque espertou
co resío interno do Desexo
e abriuse
como unha vermella flor baixo a choiva
Afundiuse o meu corazón en tinta negra
Efraín Bartolomé
Fotografías de © Uwe Ommer
Comentarios