Rosalía de Castro
... Hai algúns anos, o marido de Rosalía de Castro, este don Manuel Murguía, tan culto, tan afable, veu a Madrid, pretendía algo a que tiña estrito dereito e en que se ampararía na súa vellez. Era un velliño limpo, calado e escrupuloso; un velliño con anticuado chapeu de copa, unha levita curta, un bigote longo e unha romántica perilla. Andou o velliño dun ministerio noutro.
Pasouse quince días subindo escaleiras e esperando nas antesalas. Poñíanlle a man afablemente no ombreiro e sorríanlle, pero non lle despachaban o que pedía en xustiza.
Ao final, este velliño -o compañeiro dun dos máis altos poetas españois contemporáneos- gardou un día a súa levita, puxo nunha caixa o chapeu de copa anticuado e marchouse á súa terra, cheo de desconsolo.
Clásicos modernos (1913)
Azorín

Comentarios