O PENELO
Vilas literarias: Quiroga
O Penelo
Manuel R. Crespo
O Penelo, un personaxe do que oín falar moito na xuventude e que admirei, sen chegar a coñecelo nin escoitalo. Ollando as emocións do seu rostro, en varias fotografías que había pola casa de meus pais, vese que era un bo home. San Clodio débelle unha homenaxe, xa sexa en forma de estatua, nome dunha rúa ou un mural. Este debuxo é a miña homenaxe ó “gaiteiro do tren”, como así o califica Xosé Pérez Mondelo nun precioso relato publicado no blog “En busca da cagalla do lagarto” O Peneliño causou fonda inpresión en máis dun gaiteiro que anda por aí, e en nós tamén.
Comentarios