Burdel madrileño

As faces das putas eran coma grandes rosas bermellas, con bicos entreabertos amostrando os dentes brancos, e algunha puntiña encarnada da língoa collida cos dentes, e os ollos brilantes coma de esmalte, onde xogaba a luz.

Ao principio Don Celedonio case non distinguíu ben, desvistado polos esprendores de luxo e de carne daquela cova máxica das mil e unha noites e moitas máis, daquil Edén encantado, daquil lugar de delicia no que todo era pasmo e maravilla, onde o Amor ledo e rideiro andaba soloto, aboiando no ar, vorboletando arredor das frentes que acariñaba coas súas leves asas de mosca de ilusión, mosca tsé-tsé que en lugar de sono infunde o desexo, pulsando as cordas do gran simpático cunha uña oxis, prendendo sanguiñas rosas no baixo ventre de quen atinaba a entrar naquel paraíso de miragre. 

O seu folgo tronzóuse e deitouse coma cana no vento.




Os europeos en Abrantes
Vicente Risco


Pinturas de Arturo Souto

Comentarios

Publicacións populares