Cando os animais falaban
O rato do monte e o da casa
Saíu unha vez un rato da casa nun día de inverno e encontrouse un rato de monte, cheo e frío e moi fraco.
—E ti, como estás así tan fraco? —díxolle o da casa—.
Vente comigo, que alí onde eu estou hai sempre que comer, sen necesidades de pasar frío nin mollarse para buscar que comer.
—E o gato? —preguntou o do monte.
—Boh! —respondeulle o da casa—. Hai alí un, pero é coma se nada. Sempre está durmindo. Ti ven, e verás como paso por diante del e nin sequera me ve.
Foron os dous para casa e viron o gato durmindo diante da porta. Pasou o rato por diante del todo confiado pero o gato abríu un pouco oa ollos, deu un brinco e o rato quedou entre as uñas e os dentes do gato.
O gato do monte,, que tal viu, deu media volta e dixo:
—Vale máis no monte fraco que gordo no cu do gato!
Antoloxía do conto popular galego
Henrique Harguindey e Maruxa Barrio
Editorial Galaxia, 1994
Comentarios