Edifican a paz
Somos acortellados
¿Poderemos salvarnos?
Hai estadistas, sabios, ministros, congresistas,
príncipes honorables, xuíces democráticos.
¿Non sábe-lo importante?
Xa teñen enxergado o sartego do mundo,
grandioso, supersónico.
Nas súas entrañas cabemos.
E seguen agrandalo.
Ármano pacifistas.
A súa obra maestra.
A medida de Deus foi conquerida.
Non poden fracasar, eles non teñen fillos.
Fedemos a cadáver.
Falta escolle-la noite,
a conta regresiva,
apreta-lo botón.
¿Que choras, insensato?
que dis,
que é o que prexulgas?
¿Non serás un traidor o un subersivo?
Os pobos aplauden.
¿Fai falla acaso?
¿Cando lles preguntaron se querían morrer?
Non podemos negarnos.
Eles son honorables.
Queren un mundo libre.
Edifica-la paz.
Eduardo González Ananín
Fotografías de: Justin Lane/Efe, Hammadi Issa/AP e Albert González Farran/ONU
Comentarios