AMIGOS DA NEGRA


 Amigos da negra

A editorial  Bruguera iniciaba en 1977, dentro da colección Libro Amigo, a serie de novela policíaca que logo continuaría como novela negra cun formato moi popular, prezos alcanzables, coidados deseños das portadas e excelentes introducións a cargo de especialistas no citado xénero literario. A andaina deste tipo de narrativa na referida editorial seguiría ata a metade da década dos oitenta. No camiño quedaron as mellores obras dos escritores norteamericanos e europeos, entre outros, Dashiell Hammett, Raymond Chandler, Horace McCoy, Jim  Thompson, Ross Macdonald, Chester Himes, Patricia Highasmith, Margaret Millar, Boris Vian e James Hadley Chase.
A novela negra española tamén comezou a ser coñecida da man de autores como Mario Lacruz, Jaume Fuster, Andreu Martín e Carlos Pérez Merinero, aínda que tamén coñecemos a mellor narración  policíaca do arxentino Osvaldo Soriano. Como se pode apreciar na lista de títulos, a evolución da serie foi desde os autores norteamericanos máis coñecidos a outros non tanto, pero si en Estados Unidos, para logo dar entrada a autores europeos.
O peche de  Bruguera en 1986 deixou tras de si un abundante legado editorial, libros, revistas e cómics, do que gozaron diferentes xeracións de españois e latino americanos. Moitos títulos pódense atopar en tendas de segunda man, librerías de vello, rastros, mercadiños e internet. No caso da novela negra sempre hai algunha sorpresa neses lugares. Así os buscadores de novelas populares dispoñen dunha excelente actividade non exenta de premio cando se atopa un libro que interesa.



Primeiros títulos da negra
Dinero sangriento. Dashiell Hammett
La ventana siniestra. Raymond Chandler.
Nadie es inocente. Wade Miller.
Di adiós al mañana. Orase McCoy.
Viernes 13. David Goodis.
Marcada por la sospecha. Charles Williams.
Un asesino en las calles. Gil Brewer.
Todos muertos. Chester Himes.
El gran golpe. Dashiell Hammett.
La cueva de los filósofos. Giorgio Scerbanenco.
El hombre enterrado. Ross Macdonald.
Paso fatal. Wade Miller.
Luces de Hollywood. Orase McCoy.
El arrecife del escorpión. Charles Williams.
El caso Galton. Ross Macdonald.
Cosecha roja. Dashiell Hammett.
Un ciego con pistola. Chester Himes.
El halcón maltés.
La llave de cristal. Dashiell Hammett.
Playback. Raymond Chandler.
El martillo azul. Ross Macdonald.
Asesino en la lluvia. Raymond Chandler.
Eleven mi horca. Geoffrey Homes.
La bella durmiente. Ross Macdonald.
La dalia azula.
Raymond Chanlder
El otro lado del dólar. Ross Macdonald.
Bay City Blues. Raymond Chandler.
Escupiré sobre vuestra tumba. Boris Vian.
Triste, solitario y final. Osvaldo Soriano.
James Hadley Chase. El secuestro de Miss Blandish..
Un montón de huesos. J.P. Manchette.
Primera sangre. David Morrell.
La dama del lago. Raymond Chandler.
Golpe final. Dick Francis.
Corre, hombre. Chester Himes.

Comentarios

Publicacións populares