Xogaban os rapaces aos xogos da guerra
Xogaban os rapaces aos xogos da guerra
Con metralletas invisibeis
E balas de chiculate
Montaban barricadas nos pasos de peóns
A carón deas patrullas de cascos azuis que vixiaban a muda de cor dos semáforos
E nisto que lles caíu enriba dunha bomba
E os nenos que xogaban á guerra
Morreron do pesadelo do xogo
Cos sesos espallados povoando o asfalto/dpa
Eran cadavres desfeitos
A noite da masacre
E na altura do campo do xogo
(Digo, da batalla)
Notábase un cheiro insoportábel
Cheiro a xove morto putrefacto
Fins do mundo
Salvador Rodríguez
Fotografía: © picture-alliance/dpa
Fotografía: © Ben Curtis
Comentarios