Branco e ouro

Branco e ouro. Perfis de sol e neve. Vidro azul invisibel no ar espido.

A mañá é un aroma celeste e frío. Detivose o desexo do páxaro.

Nada é sombre ou auséncia. Aquí a pureza vibra como a água no
céu, como a fronte mais nívea do inverno.

Oh qué alvura o siléncio destes montes, qué redonda e brillante 
esta alegría grande do espazo?

A neve soleada arde para o corpo do día.

A mañá é unha chama en todos os espellos. A claridade treme 

pousada de brandura. Nada é oco ou presenza.

O sol arde na neve desta soedade cheia de meses e vazio.


Entre água e foto
(Cantos da terra posuída)
M.A. Fernán Vello


Fotografías de © ФотоТелеграф




Comentarios

Publicacións populares