Bucólica décima
Bucólicas
Virxilio (70 a.C.-19 a. C.)
Fotografías da República de Altai. Fonte: © ФотоТелеграф
Aquí frescas fontes; aquí brandos lameiros, Licoris; aquí unha fraga; aquí contigo a mesma vida pasáseme. Pero agora un tolo amor me retén baixo as armas do implacable Marte, en medio dos dardos e de cara ao inimigo. Ti, lonxe da patria, ah, cruel, soa e sen min contemplas as neves dos Alpes e os fríos do Rin! Ah, que os fríos non te danen! Ah, que o ríxido xeo non corte as túas delicadas plantas!
Irei as cancións que compuxen en verso calcídico, ensaiareinas coa frauta do pastor siciliano. Decidido estou; prefiro sufrir nas selvas entre as covas das feras e gravar sobre os tenros árbores os meus amores. Medrarán aqueles, vós, os meus amores, medraredes.

Comentarios