Capas

Peter Rowan (Guimbarda)
Peter Rowan
Portada: fotografía pintada de Lizzara Lennard


O guitarrista, mandolinista, compositor e cantante norteamericano, Peter Rowan (1942), curtido en variadas experiencias musicais tanto colectivas como individuais, demostra desde o seu primeiro disco en solitario, gravado en 1978, a capacidade de adaptarse a diferentes estilos da música popular dos Estados Unidos e México, pero desde unha faceta que contempla a miúdo a mestizaxe de sons. Rowan compón todas as cancións de seu disco homónimo excepto a versión de “When I Was A Cowboy”, de Leadbelly, con especial atención aos sons fronteirizos do Estado de Texas, como se pode comprobar durante a escoita das pezas tex mex "Break My Heart Again", "The Free Mexican Airforce" e “The Gipsy King’s Farewell", esta última mesturada con yodeling, unha das especialidades de Rowan desde a súa mocidade. A versatilidade de Peter Rowan resalta tamén á hora de interpretar brillantemente folk, hillbilly, bluegrass e country rock, labor que lle permitiu converterse nun solicitado compositor, incluso requirido nalgunha banda sonora. Entre as cancións do seu elepé de estrea figura "Panama Red", popularizada polo grupo New Riders Of The Purple Sage, creado por Jerry García con quen colaborou na formación de bluegrass Old & In The Way, en cuxo primeiro disco de estudio está tamén incluída, igual que "Land Of The Navajo".

Cancións: Outlaw Love. Break My Heart Again. A Woman In Love. When I Was A Cowboy. Land Of The Navajo. The Free Mexican Airforce. Panama Red. Midnite Moonlite. The Gipsy King’s Farewell.

Músicos: Peter Rowan (guitarra, mandolina, mandola e voz). Outlaw Love....Richard Greene (violín). Buell Nedlinger (baixo acústico). Break My Heart Again...Flaco Jiménez (acordeón). Jesse Ponce (baixo sexto). Todd Phillips (baixo acústico). Jimmy Fuller (pedal steel guitar). Estrella Berosini (canto). A Woman In Love...Richard Greene (violín). Buell Neidlinger (baixo acústico). When I Was A Cowboy…Lamar Greer (banjo). Roger Manson (baixo acústico). Tex Logan (violín). Barry Mitterhoff (mandonlina). Land Of The Navajo…Richard Greene (violín). Buell Neidlinger (baixo acústico). The Free Mexican Airforce…Flaco Jiménez (acordeón). Jesse Ponce (baixo sexto). Todd Phillips (baixo acústico). Panama Red…Lamar Greer (banjo). Roger Mason (baixo acústico). “El violinista azul” (violín). Barry Mitterhoff (mandolina). Midnite Moonlite…Richard Greene (violín). Buell Nedidlinger (baixo acústico). The Gipsy King’s Farewell...Flaco Jiménez (acordeón). Mike Seeger (autoarpa). Jesse Ponce (baixo sexto). Paul Lenard (slide guitar). Estrella Bersosini (canto). Alice Gerrad (canto).


Máis portadas: Medicine Trail (1980), Texican Badman (1981), The Walls Of Time (1982), Red Hot Pickers (1984), The First Whipoorwill (1985), Dust Bowl Children (1990), All On A Rising Day (1991), Awake Me In The New World (1993), Tree On A Hill (1994), Yonder, Peter Rowan And Jerry Douglas (1996), Bluegrass Boy (1996), That High Lonesome Sound (1996, gravado en 1973), Breakdown (1997, gravado en 1973), New Freedom Bell, Druhá Tráva and Peter Rowan (1999), Reggaebilly (2001), High Lonesome Cowboy, Don Edwards And Peter Rowan (2002), Crazy People (2002), Old And In The Gray (2002), You Were There For Me, Peter Rowan & Tony Rice (2004), Live Bannaroo, Peter Rowan & Crucial Raggae (2005), Crucial Country: Live At Telluride (2006, grabado en 1994), Quartet, Peter Rowan & Tony Rice (2007), Live At The Boarding House (2008, gravado en 1973), Legacy (2010), The Old School (2013), Dharma Blues (2014),  Live at Telluride Bluegrass Festival (2015), My Aloha! (2017) e Carter Stanley's Eyes (2018).


Apunte: Peter Rowan formou parte dos grupos Earth Of Opera, Muleskiners, The Rowans e Old & In The Way.







Comentarios

Publicacións populares