Froles de outono

Vede un feixe de froles outonales
que puiden apañar polas campias,
cando menguando sen cesar os días
fuxen diante dos ventos invernales.

Pálidas son, tristeiras, desigoales,
muchas, quizáis, arripiadas, frías.
Probes froles que son melanconías
frolecidas nos brancos areales!

Ma miña alma reina xa o outono,
sentín no corazón o desengano
fundilas súas poutas carniceiras,

e inda tolo, agarimados o ensono,
preguntome, e xa o sei que o fago en vano,
estas froles serán derradeiras?


Gonzalo López Abrente

Fotografías de © Emilio Blanco "Milucho"





Comentarios

Publicacións populares