Leña verde
─Pola alma dos teus, San Roquiño, bótame unha man que me periga o pescozo. Teño que aprobar fiscal.
E non houbo maneira de arrialo dos meus pés ata que botei ó lombo a encarga. Meterme ós libros cos meus anos...
Custar custoume un mundo, que isto non é cousa de sanroques pero o rapaz no era máis home se non aprobaba. Vaia o milagre por el e polo conto que me trouxo. Sería ofrecemento de ver: o rapaz casa por casa, pedindo a culleradas aceite do bo ata facer un litro.
Pero faltoulle tempo e marchou fuxido. Un martes e trece e en avión que ata medo non tivo.
Que a min non me come as papas na cabeza ninguén. Con ser un anaco de pao non houbo quen se rira de min ou me chiase e non marchara co tortullo no corpo.
Camaradas, se en verdades somos santos e pola madeira que nos funda, axudádeme nesta revolución.
¡Ata a victoria!
Mónica Góñez (Fisterra, 1977)
Minirelatos
© Cartabón
Vigo
1999

Comentarios