Medrei silencioso no lentor das lagoas
Medrei silencioso no lentor das lagoas
dos orixes
baixo a tépeda caricia da saudade
Medrei silencioso atravesando
un sono húmido
unha longa tristura de camiños
que sempre pechaba inevitábel o inverno
Medrei silencioso por corredores de sombras
ecos de pasos e falas en voz baixa
Nas eternas tardes de chúvia
visitaba belezas melancólicas
e ferian-me as dóces rapazas do sorriso ledo
o seu inaccesíbel mundo de misterio
bosque ao que nunca se entrou tal se fose
imposíbel desvelar o seu segredo
Medrei silencioso coas dilatadas meniñas
mirando despavorido o mundo
Extraño sempre a todo flotaba
en neboeiros de xestos abatidos
de tristes nenos que me deixaban
o seu pranto de xoguetes rotos
Nomeo alontoinas glicinas calofilas
recendos a pechado como flores fúnebres
abroiando victoriosas dos meus ollos apagados.
Xulio López Valcárcel
Fotografías © Jake and Joe
Comentarios