Os inocentes

Os inocentes ollan con miradas de asombro,
escoitan o bruído da loita arredor.

Auscultan nas facies dos vellos
os acontecimientos de cada día.

Eles non saben nada
de derrotas e victorias.
Déitanse confiados con ventres baleiros.
Abranguen os brazos se atopar que comer 
e caladamente choran con bágullas de medo
namentras que o can da fame ríllalles dentro
e na súa inocencia
cavilan en que todo ao final pasará.
Nace o día e as bombas siguen caendo
e os inocentes vóltanse a ollar sen entender
por que os mortos están tan mortos,
e a fame é tan negra,
e na terra non hai senón regatos de sangue,
e os homes son lobos que se abocadan,
e a soedade é tan fonda e tan triste
cando nace o sol sobre dos adros da violencia.



Verbas na edra do vento
Pura Vázquez

Fotografías:
© Yahya Arhab
© Hani Mohammed
© Mint Press News

Comentarios

Publicacións populares