A muller de fume
Home que me bicas,
hai fume nos teus beizos.
Home que me cingues
hai vento nos teus brazos.
Pechaches o camiño,
eu seguín de longo;
alzaches unha torre,
eu seguín cantando...
eu seguín de longo;
alzaches unha torre,
eu seguín cantando...
Cavaches a terra,
eu pasei amodo...
Levantaches un muro
Eu funme voando!
eu pasei amodo...
Levantaches un muro
Eu funme voando!
Ti tes a frecha:
Eu teño o espazo;
a túa man é de aceiro
e o meu pé é de raso...
Eu teño o espazo;
a túa man é de aceiro
e o meu pé é de raso...
Man que suxeita,
pé que escapa brando...
Frecha que se tira!...
(O espazo é ancho)
pé que escapa brando...
Frecha que se tira!...
(O espazo é ancho)
Son o que non queda se volve.
Son algo que disolto en todo
non está en ningún lado...
Son algo que disolto en todo
non está en ningún lado...
Pérdome no escuro,
pérdome no claro,
en cada minuto que pasa...
Nas túas mans...
pérdome no claro,
en cada minuto que pasa...
Nas túas mans...
Fume que se crece,
fume fino e longo,
crecido e xa roto
sobre un ceo pálido...
fume fino e longo,
crecido e xa roto
sobre un ceo pálido...
Home que me bicas,
o teu bico é en balde...
Home que me cingues
Nada hai nos teus brazos!
o teu bico é en balde...
Home que me cingues
Nada hai nos teus brazos!
Dulce María Loynaz
Imaxe © Ambroise-Alita-Astin
Imaxe © Ambroise-Alita-Astin
Comentarios