A todos os xudeus do mundo,
meus amigos, meus irmáns
meus amigos, meus irmáns
Auschwitz
Estes poetas infernais,
Estes poetas infernais,
Dante, Blake, Rimbaud
que falen máis baixo…
que toquen máis baixo…
Que calen!
Hoxe
calquera habitante da terra
sabe moito máis do inferno
que eses tres poetas xuntos.
Xa sei que Dante toca moi ben o violín…
Oh, o gran virtuoso!
Pero que non pretenda agora
cos seus tercetos marabillosos
e os seus endecasílabos perfectos
asustar a ese neno xudeu
que está aí, esgazado dos seus pais…
E só.
Só!
agardando a súa quenda
nos fornos crematorios de Auschwitz.
Dante… ti baixaches aos infernos
con Virxilio da man
( Virxilio, «gran cicerone»)
e aquilo voso da Divina Comedia
foi unha aventura divertida
de música e turismo.
Isto é outra cousa… outra cousa…
Como che explicarei?
Se non tes imaxinación!
Ti… non tes imaxinación,
Acórdate que no teu «Inferno»
non hai un neno sequera…
E ese que ves aí…
está só
Só! Sen cicerone…
esperando que se abran as portas dun inferno que ti, pobre florentino!,
non puideches sequera imaxinar.
Isto é outra cousa… como che direi?
Mira! Este é un lugar onde non se pode tocar o violín.
Aquí rompen as cordas de todos os violíns do mundo.
Entendéstesme poetas infernais?
Virxilio, Dante, Blake, Rimbaud…
Falade máis baixo!
Tocade máis baixo! Chist!
Calade!!
Eu tamén son un gran violinista…
e toquei no inferno moitas veces…
Pero agora, aquí…
rompo o meu violín… e cálome.
León Felipe
Pinturas de David Olère
Pinturas de David Olère
Comentarios