Punto final

unha nostalxia é algo
que se pode bailar
pódese estudar cientificamente 
pódese tocar 
hai nostalxias 
que son tan grandes
que pódense cruzar en barco 
o que non se pode facer
 cunha nostalxia
é arrincarcha 
porque incluso as máis pequenas
pódenche devolver ao caos 
ata que se volvan un paxaro azul
hai que consentilas 
tratalas con agarimo e atención
e váianse voando 
pola xanela carmín 
da madrugada


Dovilė Kuzminskaitė (1990, Vilnius, Lituania)
Fotografía da escritora © CP
























Imaxes grandes © Leonard Misonne

Comentarios

Publicacións populares