Cacharela


Axiña, agora, aquí, sempre!
T.S. Eliot

Calade ora, mirái Por un momento
lapea a cacharela, tal se fora
divina aparición. Mirái agora!
Un anxe pasa. É o intre de pór tento.
Cantade, anxes, cantái, mentras que o alento
divino da súa lapa inda en vós mora.
Non vai unha calandra nesta aurora
contra a noite do sangre, un són de vento?
Cantái, bailade á roda. E, encendida,
á ver se, són á són, vai clareando
escura noite en lapa transfundida.
Escura noite un intre alapeando
á enrodelarse en nada, consumida
en música, non sei cómo nin cándo.

Lanza de soleda
Aquilino Iglesia Alvariño

© Hector Amezoua e © Patrick Record

Comentarios

Publicacións populares