Home de ningures

É un auténtico home de ningures
Sentado no seu país de ningures
Facendo todos os seus plans de ningures para ninguén
Non ten ningún punto de vista
Non sabe onde vai
Non é un pouco como ti e como eu?
Home de ningures, por favor, escoita
Non sabes o que perdes
Home de ningures, o mundo está ás túas ordes
Non pode estar máis cego
Só ve o que quere
Home de ningures, de verdade que non me ves?
Home de ningures, non te preocupes
Toma o teu tempo, non corras
Déixao todo ata que alguén che bote unha man
Non ten ningún punto de vista
Non sabe onde vai
Non é un pouco como ti e como eu?
Home de ningures, por favor, escoita
Non sabes o que perdes
Home de ningures, o mundo está ás túas ordes
É un auténtico home de ningures
Sentado no seu país de ningures
Facendo os seus plans de ningures para ninguén.



Rubber Soul (1965) 
(Lennon-McCartney)
The Beatles

Home invisible 2. Fotografía de © Roque Soto Soto


Comentarios

Publicacións populares